Achegándonos ao LHC
Cada paquete de protóns viaxa a case que a velocidade da luz (v = 0,999999991·c ) :
v = 0,999999991 x 299792458 ⇒ v = 299792455 m/s
Daquela, nun segundo teremos:
299792455 / 26659 = 11245 voltas/segundo
Durante os 20 minutos que os protóns precisan para acadar a máxima enerxía a distancia percorrida é maior da necesaria para ir e volver ao Sol.
11245 x 20 x 60 x 27 = 3.64·108 km
A Frecuencia do movemento circular é: f = 11,245 kHz
|
Os protóns serán acelarados ata v~c. Mentres viaxan, están baixo a acción dunha forza centrípeta debida a Forza de Lorentz. Calculemos esa aceleración centrípeta : a ≈ c2/r ⇒ ac ≈ 2.3·1013 m/s2 É dicir, 2·1012 veces a aceleración da gravidade.
|
![]() |
|
Xa se indicou noutra páxina que a distancia entre dous paquetes consecutivos é de: d = 7, 48 m Así que o “time between bunches” -bunch spacing- será
t = distancia / velocidade t = 24,95·10-9 s ⇒ t = 24,95 ns
que é un moi importante parámetro nun acelerador. |
![]() |
Outro interesante exercizo é o cálculo de cantas voltas daría un protón antes de "caer" por mor da gravidade.
|
h = ½g·t2 ⇒ t = (2h/g)1/2 onde h é o radio do tubo (~ 28 mm)
logo: t = (2·0,028/9,81)1/2 t ≈ 76 ms Dividido entre o periodo:
nº de voltas = 76·10-3/8,9·10-5 n = 850 voltas |
![]() |
Polo tanto, débese non só correxir problemas nos paquetes de protóns debido a interaccións electromagnéticas, senón que debemos correxir outros debidos a presenza da gravidade.
Os multipolos magnéticos farán este traballo.
|
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |