Consumo de enerxía

Achegándonos ao LHC

Potencia.

Cando o LHC está en funcionamento a potencia media alcanza para todo o CERN picos de uns 200 MW (usualmente de mayi a mediados de decembro), o que ven sendo unha terceira parte da cantidade necesaria para abastecer de electricidad a Xenebra. 

Dese valor, a contribución para o LHC es de arredor de 115 MW.

Durante o inverno, cando o complexo de aceleradores está en parada, a potencia baixa a valores duns 80 MW.


Enerxía.

Asumindo 200 MW de maio a mediados de decembru, e 80 MW para o resto do ano:

 [200 x (7.5 x 30 x 24)] +[80 x (4.5 x 30 x 24)]

Consumo ~ 1.3 TWh por ano

De media, oconsumo eléctrico doméstico en España é de arredor de 3500 kWh/ano, así que 1.3 TWh abonda para abastecer electricamente a unhas 370000 casas españolas ao ano.

No seguiete gráfico vemos como se vai modificando o consumo eléctrico nun intervalo recente de 10 anos.

O consumo de enerxía depende do ano concreto, e dentro dese ano vai sufrir cambios mes a mes, segundo os requerimentos dla programación experimental. Precisamente, despois da primeira parada longa (LS1), as melloras realizadas incrementarán a factura anual de electricidade do CERN nun 20% chegando a 60 millóns de euros.

Con todo, arredor do 90 % do cosumo total está vinculado ás operacións cos aceleradores. Para minimizar esta consumo, novas accións cun criterio centrado na eficiencia enerxética están en continua aplicación.

Vexamos algúns datos sobre o consumo eléctrico do CERN no ano 2018:



O CERN non produce ningunha da enerxía que consume, aínda que posúe xeradores diésel como recurso de urxencia para servicios esenciais en caso de cortes de enerxía. Cando o CERN foi establecido en 1954, unha subestación eléctrica na parte suiza bastaba para as necesidades do laboratorio.

Setenta anos despois, o CERN é alimentado pola red eléctrica francesa a través dunha líña aérea de 400 kV que chega á subestación de Bois‐Tollot, preto do sitio do CERN en Prévessin. Esta líñ é propiedade de RTE, empresa frances de transporte eléctrico. O CERN ten un contrato de suministro coa compañía eléctrica francesa EDF. Unha conexión adicional coa rede suíza é utilizadasada para caso de emerxencia ou durante operacións de mantemento. Esta líña d 130 kV está limitada a 60 MVA (60 MW).

Subestación do CERN en Prévessin. (Imaxe: CERN)


 

Estas gráficas e datos foron tomados dos paneis informativos presentados no 2019 CERN Open Days.

De onde vén esa enerxía?

 

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi profesor de Fïsica y Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado nol Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata oseu retiro en 2020. É licenciado en Física e en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···