Achegándonos ao LHC
Na páxina de Inicio presentamos algunhas das noticias más recentes e interesantes sobre Física de Partículas, (segundo o noso criterio e tendo en conta o propósito do noso sitio web),, que teñen ao CERN (e ao LHC, en particular) como protagonista.
No Sub-Menú desta Sección van aparecendo as novas que se foron producindo en anos anteriores, e que inicialmente estveron na páxina de Inicio . Téñase presente que algunhas das novas que mostramos aquí foron posteriormente confirmadas, actualizadas e outras descartadas.
Para seguir máis de cerca todos os acontecementos de interese poden visitar os sitios web seguintes.
De xeito máis xeral poden visitar a Sección de Ligazóns do noso sitio web onde se atopan máis enlaces a outros páxinas de interese.
Deseguido mostramos as novas do derradeiro mes do ano anterior.
A medida máis precisa do tempo de vida do mesón B neutro.
Dec, 2024
A Colaboración ATLAS publica unha nova medida de alta precisión do tempo de vida do mesón B neutro (B0), un mesón formado por un antiquark bottom e un quark down.
As novas medidas de precisión de ATLAS melloran a comprensión das desintegracións mediadas pola fuerza feble no Modelo Estándar e proporcionan datos valiosos para futuros desenvolvementos teóricos.
LHCb achega luz sobre dúas pezas do crebacabezas materia-antimateria.
Dic, 2024
A colaboración LHCb atopou evidencias de violación de CP en desintegracións de bariones e en desintegracións de hadrones con quarks b en partículas de charmonio.
(CERN Imaxe)
En dous novos artigos, a colaboración LHCb informa atopar evidencias de violación CP en desintegracións de bariones e en desintegracións de hadrones de beleza en partículas de charmonio.
Os dous estudos supoñen un paso importante para establecer se existe ou non violación de CP neste tipo de desintegracións. Os datos do terceiro Run do LHC e da actualización prevista do colisionador, o LHC de Alta Luminosidade, achegarán máis luz sobre estas e outras pezas do crebacabezas materia-antimateria.
ALICE atopa evidencias por primeira vez a antipartícula do hiperhelio-4.
Dic, 2024
A medición de ALICE baséase en datos de colisións chumbo-chumbo tomados en 2018 a unha enerxía de 5,02 teraelectronvoltios (TeV) para cada par de nucleóns (protóns e neutróns) en colisión. Utilizando unha técnica de machine-learning, que supera as técnicas convencionais de procura de hipernúcleos, os investigadores de ALICE buscaron nos datos sinales de hiperhidróxeno-4, hiperhelio-4 e os seus socios de antimateria. Os candidatos a (anti)hiperhidróxeno-4 identificáronse buscando o núcleo de (anti)helio-4 e o pión cargado no que decae, mentres que os candidatos a (anti)hiperhelio-4 identificáronse mediante o seu decaemiento nun núcleo de (anti)helio-3, un (anti)protón e un pión cargado.
(CERN Imaxe)
Os hipernúcleos son núcleos exóticos formados por unha mestura de protóns, neutróns e hiperóns, sendo estes últimos partículas inestables que conteñen un ou máis quarks de tipo estraño.
Acelerador de partículas realizando investigación científica real en CERN Science Gateway.
Dic, 2024
Tras anos de desenvolvemento, o acelerador de protóns ELISA (Experimental Linac for Surface Analysis) é utilizado agora para a investigación arqueolóxica no Science Gateway, o centro de educación e divulgación do CERN.
É a primeira vez que un acelerador de protóns deste tipo se utiliza para a investigación no marco dunha exposición museística.
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |