Achegándonos ao LHC
O experimento TOTEM (Total Cross Section, Elastic Scattering and Diffraction Dissociation) mide a sección eficaz total p-p e estuda a dispersión elástica e difractiva no LHC. TOTEM está ubicado a uns 200 metros a un lado e ao outro do punto de colisión do detector CMS (IP5). |
Modesto en tamaño, TOTEM está instalado preto do punto de colisión no centro do detector CMS. Utiliza sensores de silicio no túnel del LHC a una distancia duns 200 metros do centro do CMS.
A medida do "scattering" (dispersión) das partículas a moi pequenos ángulos permitirá o estudo de procesos físicos que non poden seren estudados de ningún outro xeito. Por exemplo, como o tamaño e forma dos protóns varían coa enerxía. Estúdanse colisións nas que un dos protón "sobrevive" e o outro da lugar a novas partículas que saen con dirección frontal, e tamén colisións nas que ámbolos dous "sobreviven" deflectándose lixeiramente un ao outro. |
O experimento TOTEM usa tres tipos de detectores: un tipo Roman Pot, utilizados para detectar protóns; e outros dous -Cathode Strip Chambers e GEM Detectors- que miden os chorros de partículas producidas nas colisións e que saen frontalmente.
Máis información aquí...
A colaboración TOTEM comprende uns 80 físicos de 11 universidades e labs en 8 países.
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |