CODEX-b

Achegándonos ao LHC

(Tomado do IGFAE)

CODEX-b    COmpact Detector for EXotic at LHCb

As partículas de longa vida (Long-Lived Particles, LLP) son un tipo de partículas especialmente escorregadizas preditas en diversos modelos teóricos que van alén do actual Modelo Estándar e que agora poderían estar un paso máis preto de ser detectadas grazas a CODEX- b, un proxecto co-liderado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto de la Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago (USC).

CODEX- b é un detector proposto para ser instalado a carón do experimento LHCb, un dos xigantescos detectores de partículas do LHC, para atopar as LLPs. Cando chocan os protóns no acelerador, as LLP “voan” entre uns milímetros e varios metros antes de desaparecer, fóra do alcance dos detectores existentes que son incapaces de capturalas e reconstruír a súa traxectoria. Como paso previo a CODEX- b, o equipo xa está a construír o demostrador CODEX-beta, unha versión máis pequena e barata do experimento que se espera rematar nos vindeiros dous anos. O seu obxectivo será medir os fondos, facer análises preliminares e demostrar que a tecnoloxía de detección de CODEX- b é factible.

CODEX- b é unha das propostas máis prometedoras para atopar LLP ou descartar a súa existencia nos vindeiros 10 anos. Descubrir unha partícula de longa vida cambiaría o noso concepto da natureza máis fundamental, e enlazaría directamente con algunhas das cuestións máis importantes da física actual: Cal é orixe do noso Universo? Como podemos explicar a súa composición presente?

 
 
 
 
En marzo de 2024 aprobouse o demostrador CODEX-beta como proxecto de I+D del LHCb de duración limitada
 

Más información:

Wilkinson M. K. (2023). “Overview of the CODEX-b experiment”. Suplemento de la Revista Mexicana de Física 4 021135 (2023) 1–7

Henry L. (2021). “CODEX-b: concept and current status” LLPX, virtual 09/11/2021

G. Aielli et al. (2020) "Expression of interest for the CODEX-b detector". (arXiv:1911.00481)

 

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···