Achegándonos ao LHC
As orixes do CERN remóntanse a 1949, cando o físico francés Louis de Broglie propuxo establecer un novo laboratorio europeo para deter o éxodo de físicos desde Europa a EEUU. Un ano despois, na conferencia da UNESCO en Florencia, o físico estadounidense Isidor Rabi proporía unha resolución que invitase a UNESCO "a asistir e a animar cara a formación e a organización de centros e de laboratorios rexionais para aumentar e facer máis fructífera a colaboración internacional de científicos".
O sitio principal está en Meyrin (6 km de Xenebra) pero sobre a fronteira franco-suiza e hai un segundo sitio en Prevessin (Francia).
A maior parte dos 27 km do Large Hadron Collider está en Francia: a sala de control está en Prevessin e todos os detectores agás ATLAS, están tamén en (ou mellor dito, baixo) solo francés.
|
Os 12 estados membros foron Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemania, Grecia, Italia, Holanda, Noruega, Suecia, Suiza, Reino Unido e Iugoslavia. Desde entón Iugoslavia desapareceu e Austria, España (realmente España abandonou o CERN en 1969 ingresando de novo en1983., Portugal, Finlandia, Polonia, Hungría, Eslovaquia, República Checa, Bulgaria, Israel, Romanía, Serbia e Estonia foron ingresando, ao longo dos anos. En 2026 Eslovenia converteuse no estado membro número vintecinco. Membros Asociaados en trámites avanzados da Membresía: Chipre Membros Asociados: Brasil, Croacia, India, Irlanda, Letonia, Lituania, Pakistán, Turquía, Ukrania. Xapón, e EEUU teñen estatus de Observador, como a UE e a UNESCO. Rusia e o JINR perderon a condición de Observador ata nova orde, debido á invasión de Ucraína (máis aquí ...).. Non Estados Miembros, con acuerdos de cooperacións, levados na actualidade en programas do CERN son: Albania, Arxelia, Arxentina, Armenia, Australia, Acerbaixán, Bangladesh, Belarús, Bolivia, Brasil, Canadá, China, Colombia, Croacia, Ecuador, Exipto, Estonia, Xeorxia, Islandia, Irán, Xordania, Lituania, Macedonia, Malta, México, Mongolia, Montenegro, Marrocos, Nova Zelandia, Perú, Arabia Saudí, Sudáfrica, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos e Vietnam O CERN recibe contribucións de estados cunha poboación duns 650 millóns de habitantes. A media total desa contrubución é de arredor de 2 Euros por habitante/ano. Uns 12000 investigadores procedentes duns 70 países e con 105 diferentes nacionalidades – a metade da física de partículas – veñen ao CERN para a súas investigacións. |
![]() |
(Tomado de CERN Website)
Na 173rd Closed Session do 4 de novembro de 2014, o CERN Council seleccionou á física italiana Fabiola Gianotti como Directora Xeral do CERN. O mandato da Dra Gianotti foi do 1 de Xaneiro de 2016 ata o fin de 2020. Na súa Sesión 195 o CERN Council nomeouna para un segundo mandato. Este novo nomeamento vai do 1 de xaneiro de 2021 a decembro de 2025. Esta é a primeira vez na historia do CERN que a Dirección Xeral foi prorrogada para un segundo mandato completo.
Fabiola Gianotti foi incluida entre as "100 mulleres máis inspiradoras" polo xornal The Guardian (Reino Unido, 2011), ocupou o 5º posto no ranking de Personalidade do Ano da revista Time (Estados Unidos, 2012) e foi incluida entre as "100 mulleres más influintes" pola revista Forbes (Estados Unidos, 2013 e 2017).
O Profesor Mark Thomson elixido como novo Director Xeral do CERN a partir de 2026.
Nov, 2024: O CERN Council elixe ao Físico Británico Mark Thomson como novo Director Xeral do CERN. o seu mandanto de 5 anos comezará o 1 de xaneiro de 2026.
O Profesor Thomson é actualmente Executive Chair of the Science and Technology Facilities Council (STFC) no Reino Unido e Profesor of Experimental Particle Physics na Universidade de Cambridge. Ten dedicado unha gran parte da súa carreira ao CERN, donde contribuiu nas medidas de precisión dos bosóns W e Z no experimento OPAL do acelerador LEP, nos anos 1990. No acelerador LHC ten sido membro da Colaboración ATLAS.
(*) Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
|
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |