Achegándonos ao LHC
«Vagando polo inconmensurable» (ou tamén “Peregrinando polo infinito”) é unha grande escultura da artista canadense Gayle Hermick, ubicada no campus do CERN, entre o Globe e o edificio CERN Science Gateway.

Adopta a forma de unha cinta de aceiro que se enrola e desenrola sen cesar para representar as infinitas posibilidades, e que abarca case 4.000 años, xa que percorre parte da historia do coñecemento científico e técnico en todo o mundo.
A un lado da cinta, 396 descubrimentos importantes están inscritos na súa lingua de orixe, acompañados dos nomes dos seus descubridores.
Na outra cara da cinta, Hermick mostra a linguaxe da ciencia. Desde o famoso teorema de Pitágoras ata a críptica ecuación lagrangiana do Modelo Estándar da Física de Partículas, o alfabeto matemático vólvese máis complexo canto máis se desenrola a cinta.
A escultura ten numerosas conexións simbólicas co CERN, sobre todo desde o punto de vista tecnolóxico, xa que a escultora elixiu traballar cun metal industrial, o aceiro inoxidable, que tivo que ser cortado con láser. Tamén desde o punto de vista da diversidad, pois ao conceder un posto de honra a homes e mulleres de todo o mundo que contribuiron á ciencia ao longo do tempo, a obra de Hermick reflicte a natureza do CERN, cuxa propia existencia basease na colaboración internacional. Por último, esta escultura serve de ponte entre a ciencia e a sociedade. Permite aos visitantes comprender unha parte da historia da ciencia, desde os seus inicios ata os nosos días. Esta función educativa é tamén un dos obxectivos fundamentais do CERN



|
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |