CERN

Achegándonos ao LHC

CERN Science Gateway
É o centro de educación e divulgación do CERN, onde os visitantes son levados a unha viaxe única baseada na proximidade física ao CERN, os seus aceleradores, detectores, instalacións e persoas. A través de multimedia, talleres prácticos de laboratorio, espectáculos científicos, eventos que unen ciencia e cultura, talleres de creación de prototipos de innovación e visitas a lugares auténticos do CERN, todos eles guiados polo seu persoal, os visitantes de todas as idades e procedencias poden participar nos descubrimentos, a ciencia e as tecnoloxías do CERN.
The European Particle Physics Outreach Group (EPPOG)

O Grupo Internacional de Divulgación da Física de Partículas (IPPOG) é unha rede mundial de investigadores, educadores e especialistas en comunicación que traballan xuntos para desenvolver e compartir as mellores prácticas na educación científica e a participación do público.

 CERNLand  

Sitio Web para nenos e nenas de 7 a 12 anos. Creouse con ocasión do 20 aniversario do nacemento da Web. CERNland ten sido desenvolvida para levar o excitante mundo da investigación a rapaces e rapazas moi novos ao traves de clips, xogos e aplicacións multimedia.

 


 HIGH SCHOOL TEACHERS Programme  

HST Programme foi creado no CERN e forma parte do programa educativo do Directorate Services Unit Education Group.

Desde 1998, o CERN organiza este programa residencial de 3 semanas de duración para profesores e profesoras de Física de secundaria de todo o mundo. Trátase dunha oportunidade para que os profesores de secundaria se reunan, contacten e actualicen os seus coñecementos en física de partículas, as súas tecnoloxías asociadas e outros temas relacionados. Tamén tenta proporcionar aos profesores novas direccións de investigación na área da física e o seu ensino.

 

 


 3-DAY Programme  

Este programa consiste nunha serie de conferencias e visitas guiadas durante tres días de venres a domingo, realizadas en inglés. Está deseñadas para proporcionar unha rápida descripción sobre a física de partículas actual e para servir de experiencia valiosa para os profesores de física.

 


 National Teacher Programmes  

Os chamados National Teacher Programmes son levados a cabo na lingua materna dos participantes de estados membros do CERN, sendo organizados por grupos, institucións ou asociacións dos país, baixo a supervisión do CERN e levados a cabo durante unha semana no propio CERN.

 


 Hands on Particle Physics  

EEste programa é organizado por o European Particle Physics Outreach Group. Cada ano uns 4000 alumnos de Física do último curso de secundaria de 20 paises reúnense en 70 centros universitarios de Física, preto dos seus centros de estudio, para participaren nun día completo adicado a Física de Partículas. Conferencias dadas por científicos en activo sobre diferentes aspectos da Física de Partículas e algunhas actividades por ordenador estructuran a xornada. Ao final do día todos os participantes fan unha posta en común co resto dos alumnos dos outros países ao través dunha videoconferencia coordinada desde o CERN.

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi profesor de Fïsica y Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado nol Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata oseu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···