TOTEM

Achegándonos ao LHC

O experimento TOTEM (Total Cross Section, Elastic Scattering and Diffraction Dissociation) mide a sección eficaz total p-p e estuda a dispersión elástica e difractiva no LHC.

TOTEM está ubicado a uns 200 metros a un lado e ao outro do punto de colisión do detector CMS (IP5).

 

Modesto en tamaño,  TOTEM está instalado preto do punto de colisión no centro do detector CMS. Utiliza sensores de silicio no túnel del LHC a una distancia duns 200 metros do centro do CMS.


A medida do "scattering" (dispersión) das partículas a moi pequenos ángulos permitirá o estudo de procesos físicos que non poden seren estudados de ningún outro xeito. Por exemplo, como o tamaño e forma dos protóns varían coa enerxía.

Estúdanse colisións nas que un dos protón "sobrevive" e o outro da lugar a novas partículas que saen con dirección frontal, e tamén colisións nas que ámbolos dous "sobreviven" deflectándose lixeiramente un ao outro.

 

O experimento TOTEM usa tres tipos de detectores: un tipo Roman Pot, utilizados para detectar protóns; e outros dous -Cathode Strip Chambers e GEM Detectors- que miden os chorros de partículas producidas nas colisións e que saen frontalmente.


 


A colaboración TOTEM  comprende uns 80 físicos de 11 universidades e labs en 8 países.

AUTORES


Xabier Cid Vidal, Doutor en Física de Partículas (experimental) pola USC. Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembro de 2015. Actualmente está no Depto de Física de Partículas da USC  ("Ramon y Cajal", Spanish Postdoctoral Senior Grants).

Ramon Cid Manzano, profesor de Física e Química no IES de SAR de Santiago de Compostela, e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC. É licenciado en Física e en Química, e é Doutor pola Universidade de Santiago (USC).

CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···