LHCf

Achegándonos ao LHC

O experimento LHCf (LHC forward está colocado aos dous lados do experimento ATLAS a uns 140 m do punto de interacción (IP1). Os seus dous detectores, feitos de placas de tungsteno e plástico escintilante,poden medir con gran precisión o número e enerxía dos pións neutros e outras partículas producidas nas direccións frontais(forward direction) nas colisións en ATLAS.  

O obxectivo deste experimento é o estudo das seccións eficaces para a producción de partículas neutras xeradas en direccións practicamente paralelas ás dos feixes de protóns ou núcleos.

A producción de pións neutros, fotóns gamma e neutróns será investigada durante a fase inicial do arranque do LHC, a baixa luminosidade (inferior a 1030cm-2s-1).

Este estudo é moi importante para a comprensión das cascadas de partículas producidas na atmosfera como consecuencia das colisión dos Raios Cósmicos de Ultra Alta enerxía. Os métodos utilizados para extraer información da radiación primaria procedente das colisións dos raios cósmicos depende do modelo de interacción suposto. No experimento LHCf pódese acumular nunha poucas horas datos suficientes para ter unha estatística que permita considerar a validez dos modelos. Tamén se pode acceder a radiación procedente das colisións protón-protón en ángulos lixeiramente diferentes aos da dirección de colisión mediante o movemento do detector. 

Os dous calorímetros electromagnéticos, situados a 140 metres a ambos lados do IP1 (ATLAS), consisten nun "sandwich" de material escintilante e tungsteno.

As dimensións de cada un deses calorímetros é de só 10cm x 30cm x 90cm. Un esquema do mesmo móstrase a continuación.


 


As medidas de LHCf, xunto coas de sección eficaz inelástica (TOTEM), son de suprema importancia para a comprensión da evolución das chuvieiras de partículas resultado das colisións dos Raios Cósmicos de Ultra Alta enerxía.


LHCf é o máis pequeno dos seis experimentos oficiais do LHC, e comprende unha colaboración de 22 científicos de 10 institucións en 4 países.

AUTORES


Xabier Cid Vidal, Doutor en Física de Partículas (experimental) pola USC. Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembro de 2015. Actualmente está no Depto de Física de Partículas da USC  ("Ramon y Cajal", Spanish Postdoctoral Senior Grants).

Ramon Cid Manzano, profesor de Física e Química no IES de SAR de Santiago de Compostela, e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC. É licenciado en Física e en Química, e é Doutor pola Universidade de Santiago (USC).

CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···