Achegándonos ao LHC
As orixes do CERN remóntanse a 1949, cando o físico francés Louis de Broglie propuxo establecer un novo laboratorio europeo para deter o éxodo de físicos desde Europa a EEUU. Un ano despois, na conferencia da UNESCO en Florencia, o físico estadounidense Isidor Rabi proporía unha resolución que invitase a UNESCO "a asistir e a animar cara a formación e a organización de centros e de laboratorios rexionais para aumentar e facer máis fructífera a colaboración internacional de científicos".
O sitio principal está en Meyrin (6 km de Xenebra) pero sobre a fronteira franco-suiza e hai un segundo sitio en Prevessin (Francia).
A maior parte dos 27 km do Large Hadron Collider está en Francia: a sala de control está en Prevessin e todos os detectores agás ATLAS, están tamén en (ou mellor dito, baixo) solo francés.
Os 12 estados membros foron Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemania, Grecia, Italia, Holanda, Noruega, Suecia, Suiza, Reino Unido e Iugoslavia. Desde entón Iugoslavia desapareceu e Austria, España (realmente España abandonou o CERN en 1969 ingresando de novo en1983., Portugal, Finlandia, Polonia, Hungría, Eslovaquia, República Checa, Bulgaria, Israel e Romanía foron ingresando, ao long dos anos. En Decembro de 2018 Serbia converteuse no estado membro número vintetres. Membros Asociaados en trámites avanzados da Membresía: Chipre e Eslovenia Membros Asociados/Candidatos: Turquía, Pakistán, Ucrania, India e Lituania India, Xapón, Rusia e EEUU teñen estatus de Observador, como a UE e a UNESCO. Non Estados Miembros, con acuerdos de cooperacións, levados na actualidade en programas do CERN son: Albania, Arxelia, Arxentina, Armenia, Australia, Acerbaixán, Bangladesh, Belarús, Bolivia, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, Croacia, Ecuador, Exipto, Estonia, Xeorxia, Islandia, Irán, Xordania, Lituania, Macedonia, Malta, México, Mongolia, Montenegro, Marrocos, Nova Zelandia, Perú, Arabia Saudí, Sudáfrica, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos e Vietnam Tomando datos de 2019, o CERN recibe contribucións de estados cunha poboación de arredor de 650 millóns de habitantes. A media total desa contribución por persoa/ ano é de arredor de 2 Euros por habitante/ano. Estímase que a metade dos 13000 físicos de partículas do mundo están involucrados en experimentos do CERN. Arredor de 4500 son dos 20 estados membros, e outros proceden de Rusia (744), EEUU (586) e Xapón (103). |
![]() |
(Imaxe tomada de Wikipedia)
(Imaxe baseada nunha anterior publicada na Wikipedia)
Na 173rd Closed Session do 4 de novembro de 2014, o CERN Council seleccionou á física italiana Fabiola Gianotti como Directora Xeral do CERN. O mandato da Dra Gianotti vai do 1 de Xaneiro de 2016 ata o fin de 2020.
(*) Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doutor en Física de Partículas (experimental) pola USC. Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembro de 2015. Actualmente está no Depto de Física de Partículas da USC ("Ramon y Cajal", Spanish Postdoctoral Senior Grants). Ramon Cid Manzano, profesor de Física e Química no IES de SAR de Santiago de Compostela, e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC. É licenciado en Física e en Química, e é Doutor pola Universidade de Santiago (USC). |
CERN CERN and the Environment |
LHC Detector MoEDAL |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |