CERN Centro de Control (CCC)

Achegándonos ao LHC

O propósito do CERN Control Centre (CCC) é combinar as salas de control dos oito aceleradores do Laboratorio, así como o manexo das infrastructuras crioxénicas e técnicas.

O funcionamento do LHC depende da cadea de inxección que que o alimenta. O CCC axuda a controlar este complexo proceso unindo a operación dos aceleradores cos departamentos de enxeñería e crioxenia. Coordinando o proceso de inxección, o CCC garante un feixe de alta cualidade. 

O centro tamén dirixe as operacións de levar os feixes a outras instalacións do CERN. Semellante a unha rede ferroviaria que utiliza a mesma infraestrutura para enviar pasaxeiros  en diferentes direccións, os aceleradores do CERN poden transportar varios feixes simultaneamente e adaptar cada un a unha determinada instalación. Isto fai do CERN un  laboratorio único neste campo de investigación.

A distribución de consolas dentro da sala de control, vista desde arriba, lembra a forma dun imán cuadrupolar. As mesas están distribuidas en catro seccións dunhas cinco consolas, dedicadasrespectivamente ao LHCSPSPS Complex e Technical Infrastructure (TI). As consolas de operación de Crioxenia están distribuidas entre TI e LHC.

No centro de cada sección hai unha mesa redonda con dous ordenadores conectados á rede exterior e sitio para ordenadores portátiles con conexión wifi.

Unha gran mesa oval situada no centro da sala, proporciona unha zona social para discusión entre operadores.

Finalmente, quince pantallas de 46” son colocadas nas paredes para proporcionar información a través da sala de contral.

Durante períodos de máxima operación, hai ata 13 operadores traballando en cada turno, sen contar con numerosos expertos con función de asesoramento e axuda.

Máis información aquí...


 

(*) Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias


 

AUTORES


Xabier Cid Vidal, Doutor en Física de Partículas (experimental) pola USC. Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembro de 2015. Actualmente está no Depto de Física de Partículas da USC  ("Ramon y Cajal", Spanish Postdoctoral Senior Grants).

Ramon Cid Manzano, profesor de Física e Química no IES de SAR de Santiago de Compostela, e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC. É licenciado en Física e en Química, e é Doutor pola Universidade de Santiago (USC).

CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···